A Frouxeira

3 2 1
                                    

Entraba pola porta de atrás cando te vin.
Estabas de pé, contra a barra, pedindo un zumo de piña e unha estrela. En casos normais sorprenderíame a combinación, pero este non era un caso normal.

Tiñas o pelo máis largo ca ultima vez que te vin, deixando que os teus rizos coñezcan os teus hombros, e os ollos dunha profunda cor chocolate, como cando o derrites pra facelo a taza.

O que máis me sorprendeu foi a túa altura. Facía 15 anos que non te vía, cabe pensar que serías máis alto, pero nunca imaxinei que me superarías. Sempre fun o máis alto dos dous.

Cando o camareiro case me molla coa caña da mesa 3, foi cando me din conta de que estaba parado no medio do bar, xa non é moi grande coma pra que me quede no medio, e cando me chamaron a atención para que me movera, foi o momento no que, tras 15 largos e invernais anos, o verán volveu a miña vida.
O momento no que o chocolate dos teus ollos chocou coa fraga dos meus.

O momento no que me din conta de que non me recordabas.

Has llegado al final de las partes publicadas.

⏰ Última actualización: Feb 20 ⏰

¡Añade esta historia a tu biblioteca para recibir notificaciones sobre nuevas partes!

NefelibataDonde viven las historias. Descúbrelo ahora