O pesadelo

68 3 1
                                    

Aínda non sei como cheguei aquí, como aparecín nesta realidade tan diferente á miña. O único que realmente coñezo con certeza é que me encontro aquí, desconcertado e anhelando volver ao meu fogar, onde teño a seguridade de estar nun lugar coñecido, pero para saber como me atopo nesta situación deberiades primeiramente saber quen vos está a falar.

Moi boas, eu son Abel, vivo en Vigo e máis concretamente na parroquia de Beade, un lugar precioso de Galicia onde os habitantes nos encontramos en pleno contacto ca natureza. Teño 16 años e curso 4º da ESO no Instituto que ten, mira que orixinalidade, o mesmo nome que o barrio. Vivo nunha casa antiga de pedra preto da escola cunhas vistas impresionantes da vila. Son un rapaz alto, coa face alongada, ollos dunha cor verdosa que semella aos carballos do pobo en pleno outono, mollados polo fino rocío, unhas orellas e un nariz pequenos, unha boca sempre sorrinte cuns dentes aperlados e un cabelo longo pintado da cor que tingue o campo un día caluroso de verán. Gústame xogar ao baloncesto e son un rapaz intelixente e humilde. Vivo co meu pai Xosé e miña nai Carmen e, por se o preguntabades, si, son fillo único.

Unha vez feitas as presentacións, paso a contar a miña historia...

Amencía un día cálido e tranquilo de primavera, cando os pequenos bichiños do bosque empezan a emitir belos sons mentres van dun lado cara o outro facendo accións que para nós parecen insignificantes ou triviais, pero que para eles supoñen unha parte moi importante da súa vida. Bueno, como dicía, entón soou o espertador:

-Ring! Riiiing! Riiiiiiing! - Pitou.

-Joder! Qué hora é? Ah, se son tan só as sete e media, menos mal. - Respondín eu balbuceando polo sono coma un dos típicos personaxes do bar do pobo ás tres da mañá dun día de festa.

Eu entraba na clase ás oito e vinte, así que non tiven presa preparando a maleta, vestíndome, facéndome o almorzo e lavándome os dentes, coma cada mañá. Ata me deu tempo a mandarlle un mensaxe por Whatsapp á miña amiga, Leire, coa que, ademais, compartía clase:

- Ola, Leire.

- Ola, Abel. Qué tal?

- Moi ben. E ti?

- Buf, hoxe durmín un pouco mal.

- E logo?

- Un pesadelo, cóntocho cando chegue, que me teño que preparar. Chao.

- Chao.

Eu quedeime ca intriga. Que tipo de pesadelo será? Ocorrerían sucesos tan terroríficos para deixar sen sono a unha rapaza valente como é Leire? Por se non vos díchedes conta era unha persoa bastante curiosa, aínda que a curiosidade quitouma do corpo o reloxo cando vin que eran as oito en punto. Fun a darlles uns bicos aos meus pais, que traballan un pouco máis tarde e aínda estaban na cama, e marchei cara ao instituto.

Polo camiño dinme conta de que algo no ambiente parecía diferente a outras veces. Aínda que todo semellaba normal, algo cambiara, notábao no corpo. Era como unha atmosfera distinta. Eu non conseguía darme conta do que estaba a pasar ata que escoitei un susurro no aire:

- Abel... a luz... guiarate... 

Dinme a volta cara a todos os lados, de esquerda a dereita e de dereita a esquerda, pero non encontrei a orixe dese fantasmagórico e sombrío son que se estendía polo ceo coma unha rede de pesca. Xa eran e cuarto así non pensei moito máis en aquelo e fun directo ao instituto...

Camiños de LuzDonde viven las historias. Descúbrelo ahora