- David, Cintia, escoitáchedes algunha vez algunha voz que susurraba o voso nome e que despois dicía: "a luz...guiarate?
- Agora que o dis, si. De camiño ao instituto -dixo David-. E estou un pouco desconcertado a raíz de eso.
- Eu tamén o oín, pero nun pesadelo -contou Cintia-. Pensei que só me pasaba a min, alégrome de que non sexa a única.
- Cómo pode ser isto? Deus! É imposible! -exhaltouse Leire-.
- Tranquila, vamos a calmarnos. Eu creo que a mellor opción para resolver este misterio é preguntarlle a Alexandre, o profesor de física, que ao mellor ten algunha solución. Non sei se é unha boa idea, pero é do máis lóxico que se me ocurre neste momento - propuxen-.
Eles responderon á vez coma enfeitizados polo medo:
- Paréceme unha boa idea.
Trátamos de alonxarnos do tema e de pasar unha boa tarde en compañía como solíamos facer.
Despois de pasar o día ata practicamente o solpor nese lugar máxico coma é o Recuncho do Dragón, rindo aínda que tamén reflexionando acerca das palabras, cos meus mellores amigos volvín ao meu fogar. Regresei só e tamén un tanto pensativo sobre cómo dicirlle a Alexandre o que sucedera aos membros da pandilla. En fin, foi un camiño tranquilo e precioso, xa que a paisaxe nocturna de Beade ten unha beleza incomparable a aquelas horas do luar.
Continuei ata o desvío da estrada, seguindo de volta o percorrido de ida, e cheguei á miña casa. Abrín a porta e dixen:
- Ola, familia!
Eu chegara un pouquiño máis tarde do esperado pero, para ese tipo de situacións, os meus pais son bastante benévolos comigo. Non me dixeron nada aínda que xa eran entradas as nove e media da noite dese venres:
- Ola, Abel! -responderon ambos-. Que tal o pasache?
- Moi ben.
- Alégrome, fillo -dixo a miña nai dende a cociña-.
- A comida está na mesa e vamos a empezar a comer -informoume o meu pai dende a silla do comedor-.
- De acordo, vou agora.
Colguei a miña sudadera na entrada, xa que dentro facía bastante calor e senteime á mesa.
Para cear tiñamos caldo galego, un plato que a min non me disgustaba pero que era amado polo meu pai coma se fose a súa primeira novia. Ao acabar, fun o primeiro, recollín o plato e o vaso de agua e púxenos dentro do fregadeiro. Díxenlles aos meus pais que tiña moito sono e que ía directo cara o sobre. Así foi, vestinme o pixama e metinme na cama pensando sobre o misterio das palabras e se o poderíamos resolver mañá.
Nese momento asaltáronme as dúbidas: Que querrían dicir as palabras? Axudaranos Alexandre? Saberá algo sobre eso? Porque nos asubían a nós?