Crebacabezas

25 2 1
                                    

Cheguei á casa cansado, era normal debido á mañá de traballo no instituto, xa que, ademais das clases, estiven pensando sobre ese suceso. Xurdía no meu cerebro de maneira recurrente mentres estudiaba ou atendía á lección correspondente na aula e mesmo cando viña andando cara ao meu fogar con David, cousa que sempre faigo porque vivimos practicamente ao lado.

Abrín a porta e vin que a miña nai encontrábase na cociña preparándome un dos meus pratos preferidos, croquetas de xamón e espinacas, unha receta familiar que leva pasando bastante tempo de xeración en xeración. Encántame esa comida e o arrecendo á verdura combinada coa carne que chegaba ata a entradaera unha explosión de olores fantástico, a sensación terrenal, ao meu parecer, máis semellante ao paraíso.

Bueno, ao pasar ao vestíbulo dixen:

- Ola, mamá !

- Bos días, Abel. Que tal che foi no instituto?

Neste punto da conversación entrei nun dilema interno, preguntábame para min mesmo se lle contaría ou non a historia de como o vento me susurrou aquelas palabras, pero finalmente optei segunda opción...

- Bastante ben, mamá. Saquei un 9 en Xeografía. -Acompañei esta frase cun suave bico na súa meixela dereita-. 

- Alégrome, filliño. Vamos a comer xa, que o teu pai ten moito que facer - él era autónomo e traballaba como graduado social nunha oficina do pobo-.

Acabamos de xantar e eu estábame relamendo os dedos. Non o dudaba, unha excelente comida, perfecta en sabor, textura, consistencia e presentación, ideal para afrontar con ganas a estrepitosa tarde que se nos viña encima. Pero deixando o meu espírito de crítico culinario a un lado...

Tomeime un pequeno postre, un iogur de coco, collín a miña mochila e subín á miña habitación. Alí quedei ata a entrada da tarde - as catro e media máis ou menos - facendo os deberes do día ou simplemente relaxándome na soidade da miña habitación chea de fotos e posters dos meus grupos de música favoritos, aos cales case sempre tiña de fondo cando estudiaba, ou mesmo dalgún videoxogo, o cal me regalara Leire.

De súpeto, cando eu estaba acostado disfrutando da tranquilidade da miña cama e almofada acompañadas dun toque dalgunha melodía, o meu móvil soou. Era David, quen me preguntaba nunha mensaxe de texto onde íamos a quedar hoxe á tarde. Non sabía que contestar xa que, malia a ser Beade un pobo bastante pequeno, consta de bastantes lugares de reunión onde xente da nosa idade pode pasar a tarde. O que máis frecuentaba a nosa pandilla é un pequeno claro do bosque por onde se filtra a luz e o que contén dous bancos de pedra. A este sitio bautizámolo co nome de "O recuncho do dragón" uns cantos anos atrás polo peculiar efecto lumínico que se xeraba ao penetrar os raios solares na marea de ramas e follas dos carballos do lugar, o cal tiña forma dese animal mitolóxico.

Coma sempre o pasábamos xenial alí, propúxenlle ir a ese refuxio de paz e tranquilidade que xa case podíamos interpretar da nosa propiedade. El respondeu á miña mensaxe:

- Ao "Recuncho do dragón? Si, podería estar bastante ben.

- A que hora quedamos? - Contestei -.

- Non sei, déixame pensar... Máis ou menos sobre as cinco e media?

- Perfecto, chama a Leire e a Cintia e quedamos alí. Ata logo.

- Ata logo, Abel.

Xa tiñamos un plan para esa tarde e consistía en relaxarnos naquel idílico lugar acompañados de anécdotas e duns aperitivos, como xa era costume.

Saín da casa ás cinco vestido co meu tradicional atuendo: unha camiseta de manga curta, uns pantalóns "slim", unha sudadera, uns calcetíns baixos, unhas deportivas e, como non, a miña clásica gorra.

Camiños de LuzDonde viven las historias. Descúbrelo ahora