Unha vez cheguei alí vin á miña pandilla sentada á porta falando das súas cousas: anécdotas do día anterior, os exames - que se avecinaban bastantes para estes próximos días de clase - ou mesmo das rapazas e rapaces do instituto. Saudeinos, coma sempre faigo, e uninme a conversación. Ei, agora que o penso, deberiades coñecer aos meus amigos:
Xa vos falei de Leire, unha rapaza de 16 anos, de mediana estatura, delgada, tez moi clara, cun longo e liso cabelo loiro, ollos marróns e pequenos, orellas pequenas, o nariz un tanto chato e unha boca pequena acompañada duns finos cristais aperlados. Case sempre usa lentes, ten un gran sentido do humor, é simpática, valente e moi intelixente. Algo a destacar dela é o feito de que fai loita libre e gañou varios campionatos, pero ademais tamén ten unha grande afección aos videoxogos -cousa que tampouco me apaixoaba en exceso, mais non me disgustaba demasiado-.
O rapaz máis alto da pandilla e o meu mellor amigo da infancia, co que pasei miles de solpores facendo deporte -xa que compartíamos gran devoción polo baloncesto- ou xogando á pillada... ese era David, un rapaz de 15 anos, de tez blanca, cunha complexión física moi boa, de ollos azuis, de cabelo curto e moreno pero moi arreglado, un nariz grande, orellas sobresaíntes (das que, xa entrando na adolenscencia, sacaron o mote "Dumbo" os graciosos da nosa clase por aquel entonces) e unha gran boca na que se notaba un empaste que lle fixeron de pequeno. É un chico espabilado, con moi boas capacidades atléticas, moi gracioso, atrevido e cun gran corazón.
E como última, pero non menos importante, temos á miña peluqueira personal (xa que lle encanta argallar no meu pelo para peitearmo, segundo ela) e á máis recente incorporación ao grupo, Cintia. Unha chica de 16 anos, de tez morena, ollos acaramelados, cunha media melena negra coma o azabache xunto cunhas orellas, nariz e boca pequenos. É unha rapaza moi simpática e graciosa, aínda que ás veces é un tanto altiva.
Agora que xa os coñecedes, pasemos a relatar a historia realmente interesante...
Entramos na clase e dímonos conta de que éramos os últimos alumnos en chegar á aula -cousa non moi estrana, se o pensas, xa que estivemos falando á porta un bo rato-. Tocábanos clase de Física e Química, que David e Cintia aborrecían dende o máis profundo do seu ser. Eles rexeitaban a materia totalmente pero a Leire e a min non nos disgustaba tanto. O profesor, cuxo nome era Alexandre, apodado por nós coma "Premio Nobel" pola súa continua e exhaustiva busca de novas teorías ou fenónemos naturais que, segundo el, lle concederían ese galardón, comezou a falarnos da materia e a enerxía, un tema que a Leire lle fascinaba particularmente.
O resto da mañá transcurreu con relativa normalidade pero destaquei esa clase a primeira hora porque me fixo recordar aquela situación, a ocasión na que o vento me susurrou aquelas palabras ao oído. "Abel...a luz...guiarate...". Quen as diría ? Por qué me suxiriron aquilo ? Pero sobre todo, cal é o seu significado ? Son algunhas das preguntas que surxían na miña cabeza despois daquel suceso ilóxico...