III

7 4 2
                                    

DESERTOS


Espértaste, non sabes onde está a túa barca nin porque estás empapada de area.

Comezaches a facer culto aos venres pola noite, e deixaches de crer nos domingos pola mañá.


Sedenta de sede camiñas pensando en oasis e afogada en area ti sabes que cada gran conta e que as palmeiras non dan sombra porque sempre che falta o sol que tanto desexas.

Sedenta de frío e calor metida en pulmóns sentes demasiada luz pero fáltache, que tan só quérelo, un foco, riseira na túa sombra, máis escura e inestable estás que o futuro que esperas e do que dúbidas.

Sedenta de paz observas, móvense as dunas pérdeste en lúas buscando as estrelas leva o vento a area, vives cegada de luces as túas noites e en sombras o día que che falta.

Sedenta de auga se chove non te mollas, ti salta que non chegas e grita que non oen as pingas arriva están xordas. Non digas que votas de menos as ondas, non digas que votas de menos a escuma, non digas que perdiches o norte, non te mintas se só perdes a brúxula.

Sedenta de sede suxéitaste ás súas palabras e eles nas súas tendas de campaña tan só vivir o presente e tocar a campá.


Pídoche que na miña vida sexas algo máis que unha nómade.






Dime, Nai do sol, continúas a viaxe? 

AUGASWhere stories live. Discover now