Orgasmo en R.MP

10 1 0
                                    

Chegoume unha soa e curta vida para entenderte

unha soa noite para crear un mundo orgástico

dentro do meu querer fantástico

de seren teu para complacerte


Chegoume unha vida curta entendida

para saber como bicarte

como ó teu peito achegarme

e non sembra-la despedida


E no teatro da vida carnal

onde son os meus órganos espectantes

ollan contentos e amantes

como facer se quixer, se querer falar


É pois un teatro moribundo

no que o pesar non resta ledicia

onde a vergoña reina no mundo


E é cousa da avaricia

que para saber como bicarte

como ó teu peito achegarme

e non sembra-la despedida

non me chegue unha entendida, e curta vida

PIAR E ANTEPEITO DUN HOME CHAMADO TERRAOnde histórias criam vida. Descubra agora