César fuches naquel momento
e seguíchelo sendo cando te raptei
co ego da túa avaricia no meu seno.
E tamén Gaius fuches cando te torturei
romano erguido de alta testa
líder de seu e da potencia
xuraches riparme a vida mesma
crucificarme cando te liberara
da morte futura.
Maila vida do home
de emperador nome
que poder chantaba no momento,
cando ben chegou a hora,
decidiu volver fóra
á real vida patricia de nacemento
deixándoo soio no abandono
sen vida nin dono
e foi cando eu dixen:
abandonáronte os fieis
quiteiche os laureis
e crucifiqueite eu César derrotado,
que todo o mundo se lembre disto,
morriches de contado
coma Cristo.
VOCÊ ESTÁ LENDO
PIAR E ANTEPEITO DUN HOME CHAMADO TERRA
PoesiaXa non dubido máis, pero tampouco sei que estará a pasar