Chegou canso á casa do alto
canso do traballo dos poetas da rúa
chegou morto pero chegou, farto
na noitiña abrigado pola lúa
Entrou na casa e colgou o abrigo
redondo e branco queixo espacial
na casa respirábanse os latidos
dun morto asasinado, mortal
Sentouse comigo no sofá
cantou unha choromicada
ensinoume o seu dedo negro, de lá
Sentouse comigo nas portas do alén
achegouse nun afago de espranza
e morreu unha segunda vez, amén
VOCÊ ESTÁ LENDO
PIAR E ANTEPEITO DUN HOME CHAMADO TERRA
PuisiXa non dubido máis, pero tampouco sei que estará a pasar