Evolución non é morte, ou si?

36 1 0
                                    

Branca como o marfil

é a casa do rico,

dentro dun fresco bosque

protéxese do nocivo.


Bebe café,

masca tabaco:

o rico tira o dado.


Unha máscara cae,

o nocivo atopa ao rico.

O bosque xa non é fresco,

o marfil é agora vermello.


Bebe café,

masca tabaco:

o rico tira o dado.

Ou xa non?

*POEMAS* ESPAÑOL | GALEGO ©Donde viven las historias. Descúbrelo ahora