Sobre a autora

7 0 0
                                    

Emily Dickinson (1830 - 1886), é chamada "a Poeta dos Paradoxos", e com razóm. De carácter reclusivo e sumamente introvertido, a "Dama Branca" (como se lhe tem denominado) levou umha vida aparentemente sinxela e sem importancia: estudou por algús anos, publicou uns poucos poemas (que pasaron desapercibidos totalmente) em revistas, nom tivo que trabalhar, nom se lhe conhecía ningumha relacióm romántica, apenas saía de casa e, cara a fim da súa vida, nim tam sequera do seu cuarto, ... Nom entanto, tras a súa morte e o achado de máis de mil poemas na súa habitacióm, sóubo-se a verdade: tras o aspecto aparentemente anodino e excéntrico desa rapaza, ocultába-se unha alma de inconmensurábel sensibilidade, capas dos pensamentos máis profundos sobre temas que poucas veces foran examinados tan a fondo com tanta clarividencia, que vivira ao longo da súa vida desgarradoras paixós e, sobre todo, umha das melhores poetas de todos os tempos.

A calma no arWhere stories live. Discover now