Sen título, por Marsin

3 1 0
                                    


Era inverno. A néboa cubría o bosque e a pouca luz que chegaba non era suficiente como para facer que os cereixos, fríos, tesos e sen follas, conseguisen algo de calor. Debía de ser unha paisaxe fermosa, case de conto de fantasía na primavera; pero agora, no inverno, era do mais lúgubre posíbel.

Un home encapuchado, á beira dunha cabana, tallaba unha figura de madeira, un gorila. Mentres, cantaba a viva voz unha melodía, a un volume o suficientemente alto como para acalar os berros afogados provenientes do soto da cabana. 

Terceiro escrito: palabras forzadasWhere stories live. Discover now