Que carallo fai un gorila no meu cuarto? Por Nila

3 0 0
                                    


Atopábame aburrida soa na casa, sen saber que facer, así que coma toda persoa nova de hoxeen día collín o móbil para tratar de matar o tempo e que as horas pasasen máis rápido. Pois iso,estaba eu navegando pola internet cando de súpeto atópome cun artigo que chama a miñaatención: "Científicos descobren unha propiedade alucinóxena nas peles das cereixas detempada cultivadas na Galiza". " Froiteiros preocupados polo benestar dos seus clientes retiranas cereixas das súas froiterías." "Primavera sen cereixas" 

Sigo a baixar pola páxina ata que atopo un comentario que me deixa coa curiosidade de se écerto. "Cereixalover123: Levo máis de tres anos tomando peles de cereixa e podo asegurar quenon teñen ningún efecto negativo. Todo son beneficios para aqueles que toman só as peles. Amiña imaxinación potenciouse moitísimo dende que as inxiro. Xa non estou aburrida nunca, namiña vida o pasei tan ben, son toda unha fantasía." 

Vaia, que tolo está o mundo nestes días, xanon saben o que inventar.Cansa de ler parvadas diríxome á cociña na busca dalgún petisco. Fico pensando no asunto dascereixas: será verdade iso que di de que xa non se aburre nunca? A verdade é que iso me viríamoi ben, porque a miña vida é demasiado aburrida e nunca pasa nada interesante nin que vallaa pena. Lembro nese intre que teño cereixas na casa, a avoa tróuxoas onte insistindo en quehei de tomar máis froita. 

Corro ata o froiteiro cun coitelo na man: aí están as vermellas cereixasque me chaman a probar a súa relucente pel. Collo unha e comezo a pelala con coidado. Total,non teño nada que perder, e de verdade que non podo co aburrimento, xa estou farta. Ademaisseguro que non son máis que trolas, polo que non pasará nada extraño. Sen pensalo máis inxiroa pel e mastigo á espera de que suceda algo. Nada. Vaia, se xa o dicía eu, son todo falacias. 

Algo decepcionada volto á miña habitación e tírome na cama frustrada. Escoito un portazo,seguro que é a miña nai. Sen darlle importancia tapeime coa manta e intento durmir. Estou apiques de quedar durmida cando sinto unha respiración no meu ouvido. Pero que..? Espero quenon sexa unha pantasma, porque podo morrer agora mesmo do susto. A respiración segue alí,así que lentamente xiro a cabeza para ver de quen se trata.Que? Como? Cando? Que carallo fai un gorila no meu cuarto?

Terceiro escrito: palabras forzadasWhere stories live. Discover now