Memoria, por Edén

8 0 0
                                    


 Todos temos memoria. Ninguén olvida, pois os recordos non se esquecen, senón que pasan a una parte profunda do cerebro, pero saen á luz cando a circunstancia nos devolve a ese lugar, a ese momento, ese recordo.

Os nosos seres queridos seguen con nós, na nosa mente, no noso corpo. Cando os recordamos podemos sentir a última aperta, o seu olor, os sorrisos. Por eso mesmo, Guillerme non sente tristeza, nin nostalxia ao ver a tumba do seu compañeiro de guerra Xoel, senón orgullo porque sabe que morreu sabendo que facía o ben, que loitaba pola liberdade, polo futuro.

Despois de, de forma un pouco custosa, anicarse para colocar un ramo de dalias rosas, as preferidas de Xoel, lanza un bico ao ar e vai camiñando cara á entrada do cemiterio, sosténdose melancólico no seu caxato de madeira e coas lágrimas esvarando polas meixelas erguidas. Diríxese á estación de tren, onde soa una canción que representa o momento:

'We'll carry on, we'll carry on
And though you're dead and gone, believe me
Your memory will carry on

We'll carry on
And in my heart, I can't contain it
The anthem won't explain it'

Para realizar este texto empreguei a canción 'Welcome to the black parade' de My Chemical Romance. A canción trata dun personaxe con cáncer terminal, sendo una sátira á romantización da morte. O paciente asimilia a súa morte, con sentimentos de negación e depresión. O personaxe quería ter una morte lenta e solitaria pero a súa vez un funeral festexoso, coma se tivera uns soldados do exército escoltando o seu corpo. Eu empreguei esa mesma melancolía para referirme á aceptación de Guillerme á morte de Xoel, facendo una referencia á Guerra Civil, e a tristeza de perder a un compañeiro nunha situación tan dura, sen poder velalo.

Cuarto escrito: "Aquela canción"Donde viven las historias. Descúbrelo ahora