Recordos salgados, por Fénix de Luz

7 0 0
                                    


Dous grandes ollos azuis obsérvanme dende o espello. Están vermellos. Bágoas esvaran pola miña cara, deixando un sabor agridoce cando se pousan nos meus beizos. Cada lágrima deixa un rastro de recordos tras de si que, aínda que foron bonitos, agora están embazados pola dor. De fondo a música soa polo altofalante, coándose nos meus oídos.

What the hell did I do?
Never been the type to
Let someone see right through

Unha lágrima esvárame pola meixela. Acórdaste de como, a pesar de ser eu tímida, conseguiches que me abrise a ti? Acórdaste de como me mirabas cos ollos cheos de ilusión e parecía que só existiamos nós as dúas, sen problemas que afrontar? Acórdaste de como me collías a man e borrabas as miñas inseguridades?

We fall apart as it gets dark
I'm in your arms in Central Park
There's nothin' you could do or say

Unha lárgima esvárame pola meixela. Acórdaste das tardes no parque? Das carreiras para ver quen era máis rápida? Da túa mirada fachendosa e o teu falso orgullo cada vez que gañaba eu?

I can't escape the way I love you
I don't want to, but I love you

As lágrimas esvaran polas miñas meixelas e mollan as miñas mans, apoiadas na mesa. Pecho os ollos e doume conta de que, ti e mais eu somos agora camiños separados.

Este relato está inspirado na canción I love you de Billie Eilish. Polo que eu entendo, a canción fala dunha relación amorosa que xa non o é. Reflicte a dor dunha persoa que ama a outra a pesar de que xa se terminase, e iso foi o que quixen plasmar no meu relato. A protagonista fai un repaso de recordos a través dos cales podemos ver a súa dor e cos que se vai dando conta pouco a pouco do que xa foi e non vai volver.

Cuarto escrito: "Aquela canción"Hikayelerin yaşadığı yer. Şimdi keşfedin