Frío e lume

27 3 0
                                    

Escoitando Herdeiros a golpe de cinza, queimando e queimando ata consumir todo. Ideas que flúen, mensamentos que voan, un sentimento, unha emoción, unha ollada, unhas palabras, un simple aceno... Nada. Máis que labirinto a miña cabeza xa non sei que parece, pero tampouco importa. Outro máis, lume, consumición puco a pouco fin. Máis ideas, disparates, pesadelos, suores frías, bágoas ensanguentadas por simples feridas internas. Motivando aos que de ti precisan, coa precisa enerxía que te falta. Xa non é como antes, cando a túa maior preocupación era manter contentos ós que tes preto, chega un punto de quer mantelos a todos, e non poder, manterte ben a ti mesmo e ao resto que lle den. Máis tampouco ser capaz diso. Lume, consumición, ver como pouco a pouco queda menos na caixa. Os pensamentos vanse apagando. Sen osíxeno, non hai lume. Afogar. Sen gas. A caixa xa está valeira, préndeste lume, consúmeste tí, voan esperanzas feitas po de soños. Non alma, nada que queimar, non lume.


Versos do ProfundoDonde viven las historias. Descúbrelo ahora