Caos interno

30 3 0
                                        

A escuridade que cega os meus sentidos, farto de todo incluso dos meus propios respiros, abafadas. Moita afouteza pola estrada pero dende dentro cae o imperio. Pesando como chumbo, caendo, polo propio peso. Angustia. Frio encerrado entre paredes que non o deixan saír, so se pecha sobre si mesmo. Seguindo o camiño que eu cría correcto, perdendome máis no bosque. Eu so tentei levantar arbores, pero agora caen enriba de min, ou no paso. O peor e tentar axudarte con algunha rama pero todas rompen. Fume, efímero, bágoas que morren no chan, como todos. Pingas de sangue enchen a miña libreta, cada folla que pasa mais saturada, xa non aguanto máis sen luz solar. Tempo presente, o destructor do futuro que o converte en pasado. Vida, tempo que pasa mentres morremos. Morte, salvación. Choiva caendo sobre a pel, misturandose coa negrura que sae do meu interior polas feridas. Universo máis grande ca nos. Natureza máis grande ca nos. Remata dunha vez con isto e deixame paz. Psicosis, xa no sei se voa máis a miña mente ou a miña man ao escribir esto, pero a quen lle importa, un ser é o mesmo que outro, so se estás por debaixo deles. Moitas animas derramadas pero nada se move, desfeita mental, cristais ardentes que atravesan o meu corpo, presentándome á morte, acabando ardendo no lume, que xea o meu corpo, e o dos presentes, que foron futuros e pasaran a pasados sen que niguen se percate.

Versos do ProfundoOù les histoires vivent. Découvrez maintenant