O planeta Terra examínase

148 8 9
                                    

Hoy no es que sea un día especial, ni mucho menos, pero creo que ya va siendo hora de que os familiaricéis un poco más con el gallego. Hoy quiero enseñaros un cuento de uno de los libros que a mí me encantaba releer de pequeña. El autor es "José Antonio del Cañizo" y su imaginación siempre me ayudó a estar en las nubes cuando no me encontraba a mi misma.
¡Disfrutad!

Si tenéis alguna duda, ya sabéis que aquí no se come a nadie; de momento 😇.

Organización de galaxias unidas

A O.G.U, Organización de Galaxias Unidas, celebraba unha asemblea xeral.

O seu presidente era o delegado dun planeta que xiraba arredor da estrela Alfa e de Centauro. Parecía unha lavadora con tentáculos pintada de laranxa. Achegouse ó micrófono e abriu a sesión:

-Señores representantes de tódolos planetas habitados, membros da organización de Galaxias Unidas: comezo a sesión número mil catrocentos vintesete. Debaterase o único punto da orde do día: a admisión ou non do palaneta chamado Terra, do Sistema Solar da Vía Láctea, quen solicitou pertencer á O.G.U. O exame vai comezar. A señora delegada da terra ten a palabra.

Un aplauso cortés, pero frío e breve, saudou a subida ó estrado da delegada.

Estaba moi nerviosa.

Percorreu coa ollada o inmenso emiciclo, e caeulle a alma aos pés.

Mirábana milleiros de seres estrañísimos. Gardando un silencio hostil, esperaban o seu discurso.

¡Cativo tribunal!

Uns eran xigantes verdosos, parecidos aos reptís prehistóricos da Terra. Outros, minúsculas esferas translúcidas cunha luciña tenue no seu centro. Ese da primeira fila recordáballe unha vaca de folla de lata confeccionada por un ferreiro tolo. Aqueloutro que a fitaba era todo ollos: catorce ou quince grandes ollos, xelatinosos e sanguinolentos, unidos entre si por uns fíos, como se os levase arracimados un vendedor de globos.

Moitos escanos estaban baleiros. Pero ela sabía que non era debido a que faltase moita xente, como nos parlamentos da Terra, senón porque os habitantes de numerosos planetas eran microscópicos, e algúns mesmo invisibles.

-Como hei poder convencer eu a esta colección de monstroíños de que nos admitan? Vaia tribunal examinador que me tocou! Danme risa os que tiven no colexio e mais na universidade. E pensar que aqueles me daban medo... Se eran uns benditos, ó lado desta colección de pesadelos, esta enciclopedia do disparate en fascículos, este museo dos horrores... Como lles faría eu ver a estes que a Terra ten méritos de sobra para pertencer á O.G.U? -pensou, coa moral polo chan.

Iniciación al gallegoDonde viven las historias. Descúbrelo ahora