Capítulo 1

25 4 1
                                    

Esta historia comeza cun rapaz chamado Xurxo. El nunca paraba de falar e Elías, o seu amigo, farto de que nunca se calase, desexou que deixase de falar. O que non sabía era que o seu desexo íase a cumprir e que a partir dese momento xa non podería dicir nin unha soa palabra, a non ser que alguén lle falara primeiro. Nese caso, respondería o mesmo que lle dixeron.

— Ola— saudou Elías

— Ola— respondeu Xurxo

— Que calado estás! Pásache algo?

— Que callado estás! Pásache algo?

— Se isto é unha broma, non ten ningunha graza

— Se isto é unha broma, non ten ningunha graza

Elías comezaba a enfadarse debido ao comportamento de Xurxo e decidiu marchar. Elías atopouse con Ariadna, a noiva de Xurxo.

— Sabes que lle pasa a teu noivo? — preguntou Elías

— A que te refires? — contestou Ariadna sorprendida pola súa pregunta

— Está moi calado e cando le falo repite todo o que digo.

— Que raro! Nunca se comportou así antes. Recórdame a unha lenda que unha vez contoume a miña irmá.

— Unha lenda?

— Trataba sobre unha nena que se apelidaba Pipa. Unha bruxa enfeitizouna para que aprendese a escoitar. (Ffefo, 2009)

— Non creo que Xurxo rompa o feitizo por si mesmo, coñecendo como é. Nunca cambiará a súa forma de ser.

— Búrlasche del! E ti considérasche o seu amigo?

— Perdoa, pero non me creo que Xurxo estea enfeitizado. Eu creo que está enfadado por algo e cando se lle pase o enfadado volverá a ser o que era.

Segundo ían pasando os días, Elías comezaba a crer que a lenda fose real, debido a que Xurxo seguía actuando igual e xa pasaran máis de 3 semanas.

— Vou a descubrir se a lenda de Pipa é certa e como acabar co feitizo — dixo Ariadna

— Acompáñoche! — exclamou Elías

— Alguén ten que quedarse con Xurxo para avisar si volve a ser como sempre, antes de que volva.

— E por que vas ti? Fun eu quen desexou que deixase de falar. Foi a miña culpa de que agora estea así.

— Non se sabe moi ben se Pipa existiu nin onde vive o vivía. Só hai rumores. Eu creo que sei onde descubrir máis sobre ela. Necesito que coides del e non se me ocorre ninguén mellor que ti.

La búsqueda de Pipa (Gallego)Where stories live. Discover now