Capítulo 2

8 3 0
                                    

Ariadna estaba cansada de camiñar, xa era de noite. Decidiu parar a descansar, cando, de súpeto, viu como un cabalo branco que se achegaba a ela. Parecía domesticado, así que montou sobre el. Estaba acostumada a montar en cabalo, pero nunca vivira unha experiencia como esa antes. Logo de subirse a el, creceu e creceu sen cesar e dunha galopada volveu ao mesmo lugar de onde partira.

— Ola, xa atopaches a Pipa? — dixo Elías cun enorme sorriso na cara.

— Non, atopeime cun diaño que me trouxo de volta — respondeu Ariadna vendo como a cara de Elías pasaba polas seguintes emocións nun breve prazo de tempo: alegría ao pensar que coñecía o paradeiro de Pipa, tristeza ao descubrir que se equivocaba e asombro ao escoitar que lle trouxo de volta a casa.

— Un diaño?

— Un trasno satírico, que segundo a mitoloxía galega, dedicase a facer todo tipo de travesuras para truncar así a travesía de todo aquel que encontre polo camiño. Desprega a súa actividade durante a noite e adopta a figura dun cabalo, dunha vaca, dun carneiro ou doutro animal. E incluso as veces dun bebé humano. (Diaño, 2009)

— Crees nos seres mitolóxicos?

— Xa sei que non crees nas bruxas, diaños ou calquera outro ser mitolóxico, pero non se me ocorre ningunha outra explicación para todo o que ocorreu esta noite.

— Quizais isto sexa un sinal para que vaiamos xuntos a buscar a Pipa.

— Agradézocho, pero ninguén nin sequera un ser mitolóxico — Ariadna parecía realmente enfadada como se a partir dese momento nada a volvería enganar como fixo ese diaño— vaime impedir que atope a forma de romper o feitizo de Xurxo.



La búsqueda de Pipa (Gallego)Where stories live. Discover now