Capítulo 8

8 3 0
                                    

  Ariadna e Elías descubriron que a bruxa estaba encarcerada.

 — A caza de bruxas (Caza de brujas, 2006) foron persecucións porque se temía que as artes máxicas que usan as bruxas fosen maxia negra (é aquela que se usa en prexuízo dun individuo ou para danar ao mundo na súa totalidade), os sacerdotes inventaron a imaxe da bruxa maléfica no século das luces (1701 - 1800), pero eu non me arrepinto de nada do que fixen — dixo a bruxa que lle lanzou o feitizo a Pipa (Magia negra, 2005)

 — Non che condenan por causar a morte doutras persoas mediante bruxería? — preguntou Ariadna 

 — Si, pero iso é mentira. Antes de decatarme que querían queimarme viva, fixen un conxuro para que a partir do día da miña morte todos os feitizos que realicei deixen de facer efecto. Noutras palabras a xente que veu pedirme axuda para desfacer un mal de ollo cando me morra, volverán telo e se matei a alguén, que non foi o caso, volverá á vida. Eu só quería axudar á xente e así foi como mo agradeceron.

 Ariadna e Elías creron as palabras da bruxa, polo que pensaron que cando chegasen a casa Xurxo, xa non tería o feitizo que a bruxa botase para que as persoas aprendesen a escoitar aos demais. 

 — Ola, grazas por desfacer o feitizo — dixo Xurxo

 — De nada, pero é algo triste pensar que non foses capaz de desfacelo por ti mesmo. Só tiñas que aprender a escoitar — respondeu Elías 

 — Eu sei escoitar.

 — O que ti digas, pero nunca falamos de temas que me interesen a min. Se consigo falar, simplemente esperas a que termine e continuas co teu monólogo coma se non dixese nada. Mesmo ás veces, percibo que non me escoitas porque estás a pensar no próximo que me vas a contar ... 

 — Crees que non aprendín a escoitar á xente? 

 — A verdade é que non porque nin sequera preguntáchesnos que tal nos foi a viaxe. 

 — Non foi suficiente, o que tiven que pasar por culpa do feitizo? 

 — De verdade vasme a comparar non poder falar durante un período de tempo a percorrer case toda Galicia andando e que case morrer afogado por culpa dunha meiga.



La búsqueda de Pipa (Gallego)Where stories live. Discover now