Capítulo 5

8 3 0
                                    


— Era verdade a historia que contaches? — preguntou Elías

— Contei a historia dun pirata que naceu en Galicia, pero non sei onde escondeu o seu botín. Dixen que o escondese alí porque mencionou ela algo dunha cova — respondeu Ariadna

 — Déixasme ver a dirección que nos deu?

Ariadna deulle o papel, pero antes de que Elías lese o que poñía, meteuse no río. Ariadna non puido detelo, pero conseguiu sacalo da auga antes de que se afogase. 

— Por que metiches ao río? — preguntou Ariadna

— Non o sei, a verdade. 

Apareceron un grupo de persoas que dixeron a Ariadna e a Elías que os seguisen . Eles fixéronlles caso e dirixíronse a unha cafetería preto do peirao.

— Ola, o meu nome é Xacinto. Somos pescadores que acaban de vir da lonxa porque fomos a vender as nosas capturas — dixo un das persoas que integraban o grupo mentres se quitaba uns tapóns dos oídos.

— Por que levabades postos uns tapóns nos oídos? — preguntou Elías

— Para evitar que nos ocorrese o mesmo que a ti. As feiticeiras son meigas que viven preto dos ríos e regatos que posúen unha voz moi bonita que cos seus cantos hipnotiza aos mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao final afogaranse. Grazas que che sacou da auga a tempo. (Meiga, 2006)

— Por que nos dixestes que fósemos convosco?

— Era unha zona perigosa, por iso era mellor estar o menor tempo posible alí. Sodes novos por aquí, pódese saber cal é o motivo da vosa visita.

— Buscamos unha persoa que poida dicirnos como curar ao noso amigo. Levamos varios días camiñando e non sabemos canto nos queda aínda de viaxe.

— Onde queredes ir? 

— Non o sabemos, xa que perdemos o papel coa dirección no río — dixo Ariadna mirando con certo odio a Elías

— Non te enfades co rapaz, non sabía que nese río vivían feiticeiras. Ademais, tivestes sorte que eu vise o papel flotando na auga e chamáseme a atención porque é á cidade onde mañá nos diriximos. Queredes que vos levemos no noso barco?

La búsqueda de Pipa (Gallego)Where stories live. Discover now