Capítulo 4

6 3 0
                                    

— Antes de saír, dixéchesme que crías saber onde atopar máis información relevante para encontrar a Pipa.

— Sí. A miña irmá oíu esa lenda nun pobo próximo a onde nós estamos agora, pero non a recorda moi ben. Onte non o atopei, así que decidín mirar por esta zona.

— E cando o atopes como sabes que chegaches a ese lugar?

— Nos arredores do pobo hai unha casa moi distinta ás dos pobos do ao redor. Alí vive alguén que ten como costume espiar á xente e vixiar quen entra e sae das casas (Meiga, 2006). Con sorte, ela dinos todo o que necesitamos saber sobre Pipa.

Cando chegaron atoparon á asumcorda (meiga que espía á xente) fóra da súa casa e Ariadna cando a viu, preguntoulle:

— Sabes quen contou por primeira vez a lenda de Pipa neste pobo?

— Seino, pero o que non sei é por que vos ía a axudar

— Porque sei algo que ti non sabes dos habitantes deste pobo

— Dubídoo, pero escóitoche

— Coñeces a historia deste pobo?

— Unha persoa foi a unha cova que se encontraba no monte Paralaia (Moaña) e que estaba chea de tesouros con pasadizos subterráneos que desembocan no mar. Esa noite era a idónea, xa que entrou durante a noite de San Juan porque as mouras (seres fantásticos femininos con dúas caras. Por un lado, a moura que carga grandes rocas, que sería algo así como "a supervivencia dunha deusa da natureza" e polo outro, está a moura atractiva que ten un tesouro encantado e que pide que a desencanten) que habitan alí saen da cova para lavar e peitear os seus longos cabelos. Esa persoa con todo o que puido levar de alí construíu casas e todo o necesario para que a xente puidese vivir aquí. (Lucía M., 2013)

— Esa é a historia para os turistas, pero no é a real.

— E como o sabes?

— Coñezo a unha persoa que viviu moito tempo aquí e contoume a historia verdadeira do pobo

— Cal é?

— Antes tes que contestar á miña pregunta: Sabes quen contou por primeira vez a lenda de Pipa neste pobo?

— Non só sei quen a contou por primeira vez, senón que tamén sei a súa dirección. Non sodes os primeiros que queredes atopala. Si me contas esa historia, douvos a información que queirades.

— Dacordo! Nesa cova, atopábase os tesouros dun famoso pirata galego. Escondeunos alí porque fuxía despois de que 10 membros da súa tripulación fosen aforcados. Ao final collérono e foi condonado a morte polo ordenamento de 75 asasinatos comprobados e 10 embarcacións saqueadas e afundidas. Cando a xente decatouse que morrera decidiron buscar e roubar o seu botín. (Iván Fernández, 2019)

— No sei cal será a historia para os turistas, pero un trato é un trato. Tés un papel e un bolígrafo para apuntarche a súa dirección?

— Claro, aquí tés!

Ariadna gardou o papel sen ler a dirección, xa que empezou a chover moi forte e tiña medo de que se mollase o papel. Elías e ela correron a refuxiarse da choiva.



La búsqueda de Pipa (Gallego)Where stories live. Discover now