Capítulo 3

5 3 0
                                    

Ao amencer, Ariadna volveu a partir soa, pero evitando ir polo camiño que elixira o día anterior. Chegou a unha zona montañosa cando se atopou cun castro, localizado nas ladeiras, cuns fosos artificiais polo lado superior e murallas ou terrapléns cara o val.

Notou unha presenza estraña como se houbera máis persoas naquel lugar, que parecía deserto. Ao mirar cara atrás, deuse conta que alguén estaba escondido e tivo a sensación de que sabía de quen se trataba.

— Nunca se che deu moi ben esconderche, Elías! Que fas aquí? Díxenche que non quería que viñeses comigo, que non necesitaba axuda.

— Xa o sei, nin ti nin Xurxo. Os dous sabedes coidarvos sós. Non podo evitar sentirme culpable e agradecíache moito que me deixases acompañarche. Se queres a próxima vez que vexas un cabalo, súbome eu primeiro.

— Que gracioso! — exclamou Ariadna, con cara de como se estivese contendo a súa ira ao escoitar aquelas palabras— Quizais o faga, pero só cando estea segura que de que sexa un diaño e devólvache a casa.

Unha voz fixo que se quedasen en silencio e ao facelo escoitaron: "Non teñades medo, que son a Dama do castro! Cambiar de perspectiva pode axudarvos na procura."

— Antes de que o preguntes: a Dama do castro é unha meiga (feiticeira que é capaz de botar ou lanzar o mal de ollo. Aínda que non todas as meigas tiñan un labor diabólico se que o eran na maioría das ocasións) que vive baixo os castros e ofrece un consello para que as persoas que se atopen con ela poidan resolver o seu problema. (Meiga, 2006)

La búsqueda de Pipa (Gallego)Where stories live. Discover now