Capítulo 9

18 3 7
                                    


    — Ti opinas igual que Elías? — preguntou Xurxo — Eu quéroche, pero Elías ten razón — respondeu Ariadna

Xurxo enfadouse de tal maneira que decidiu gastarlle unha broma aos seus seres queridos.

 — Era verdade que necesitaba aprender a escoitar, por iso pedinlle desculpas a Elías e supliqueille que me contase a lenda de Pipa. Para que me creas: Queres que che conte o conto da boa pipa? — preguntou Xurxo 

 — Si — respondeu Ariadna 

 — Eu non dixen nin que si nin que non, dixen que se querías que che conte o conto da boa pipa 

 — Se isto é unha broma, non ten ningunha graza 

 —Eu non dixen que se isto é unha broma, non ten ningunha graza. Dixen que se querías que che conte o conto da boa pipa. 

 — Como queres que che queira, se o que quero que me me queira, non me quere como quero que me queira. (Trabalenguas sobre Q, s.f.)

 — Eu non dixen que como queres que che queira , se o que quero que me me queira , non me quere como quero que me queira. Dixen que se querías que che conte o conto da boa pipa. 

 — Vou probar cun máis difícil . Debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pia. (Debaixo dunha pipa, s.f.)

 — Eu non dixen que vou probar cun máis difícil . Debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pia, a pita pinta pinga. Dixen que se querías que che conte o conto da boa pipa. 

 — Equivocáchesche. Non era cando a pipa tinta pia, a pita pinta pinga, senón cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pia. 

 — Eu non dixen que che equivocaches. Non era cando a pipa tinta pia, a pita pinta pinga, senón cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pia. Dixen que se querías que che conte o conto da boa pipa. 

 — Cando contes contos, conta cuantos contos contas porque se non contas cuantos contos contas, nunca saberás cuantos contos contas. (Trabalenguas: Cuando cuentes cuentos cuenta cuantos cuentos cuentas, s.f.)

 — Eu non dixen que cando contes contos, conta cuantos contos ... Hai que lioso! Nunca escoitei un trabalinguas tan difícil como leste. A verdade é que foi divertido tentar dicir todo o que dicías, ás veces era moi difícil. Podería facelo máis veces. 

 E así foi como Xurxo puxo de moda o conto da boa Pipa, o peor é co tempo a xente foi esquecendo a verdadeira historia e sobre todo a ensinanza(Ffefo, 2009). Pero o conto da boa Pipa que inventou Xurxo aínda existe na actualidade. 

La búsqueda de Pipa (Gallego)Where stories live. Discover now