Capítulo 7

9 3 0
                                    

   — Chegamos tarde! — exclamou Ariadna 

 — Hai unha cousa que non entendo: Por que ti non vías a procesión? —preguntou Elías 

 — Porque son poucas as persoas que ven a procesión de Xás, pois para isto necesítase posuír unha destas condicións: que o padriño de quen a ve rezase mal o credo cando o bautizaron, ou ben que o cura cambiase os santos óleos confundindo os da extremaunción cos do bautismo. Tal erro pódese remediar bautizándose de novo. (Procesión das Xás, 2009)

 — E agora que facemos? — Non o sei. Se fósemos desde o principio xuntos, chegásemos a tempo. 

 — Se eu non dixese a Xurxo que oxalá deixase de falar, non teriamos que buscar a Pipa. Pero creo que non é momento para pensar o que puido ser e non foi. 

 — Tes razón! Hai que pensar como atopar unha solución para o romper feitizo de Xurxo. 

 — Acórdasche do que dixo a dama do castro? 

 — Que cambiar de perspectiva pode axudarnos na procura. 

 — Creo que non se refería á procura de quen rompeu o feitizo, senón que buscásemos á bruxa que llo lanzou (a diferenza entre unha bruxa e unha meiga é que a xente acode á bruxa cando pensa que detrás do que lle sucede hai unha vontade escura, perversa e daniña que hai que identificar para atallala. A experta nese mundo non natural é a bruxa, que non só pode descubrir quen botou o mal de ollo, senón que ten o poder de contrarrestalo. Para combatelo sérvese de esconxuros, recitacións e invocacións a poderes ocultos, aínda que aquí reside a "ambigüidade moral" que define sempre á bruxa, xa que ao coñecer ese mundo tamén o podería utilizar para causar o mal, que é precisamente o que a diferenza da meiga). (Meiga, 2006)




La búsqueda de Pipa (Gallego)Where stories live. Discover now