Capítulo 5 ⸙ (Parte 2)

28 4 0
                                    

—Solicito unha audiencia coa raíña de Cinza, agora —digo con firmeza

¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.

—Solicito unha audiencia coa raíña de Cinza, agora —digo con firmeza.

—Non vou xulgar que non esteas de servizo —responde o garda, coa espada aínda desenvaiñada—, pero a raíña non recibirá audiencias...

—Non recibirá audiencias dun garda calquera, entendido. E do fillo do xefe da garda real? E do mozo da súa única neta?

Síntome un pouco rastreiro utilizando a miña posición de poder que só teño grazas a outras persoas, pero agora mesmo é o único argumento que posúo e que pode funcionar. O garda non parece contento coas miñas palabras; con todo, faise a un lado.

—Que sexa a raíña a que decida —di, cun xesto de desgusto que non trata de ocultar.

Non perdo tempo e vou cara á praza.

—Ti, non —advirte o garda con contundencia ás miñas costas.

Xírome e vexo que lle está cortando o paso a Gus. Fágolle un xesto firme ó meu amigo, para que entenda que xa me encargo eu. Porque, pase o que pase, penso solucionalo.

A raíña de Cinza é unha muller que impón en calquera ocasión. E ter algún tipo de relación amorosa coa súa neta non é que me garanta a súa amabilidade. Vestido verde e xoias de prata, esas son as cores que caracterizan o Reino de Cinza e, como non podía ser doutro xeito, as cores que a súa raíña sempre viste. Porque ela, incluso despois dos opositores que a guerra lle custou, é sen dúbida un dos maiores símbolos do reino.

Ás veces, como agora, a cinza fai leves remuíños ó seu redor, como se a reverenciase. Fronte a ela, a rapaza que está xunto á fonte parece moi pequena e insignificante. Non obstante, é nela onde se detén a miña ollada, no seu uniforme negro de soldado que non encaixa nada con ela, no seu cabelo escuro, que tampouco asocio a ela. Mais, cando nota a miña presenza, reparo nos seus ollos azuis, esa mirada curiosa que si se corresponde coa dos meus recordos. Esa mirada asustada.

—Rolán? —é a raíña a que o pregunta.

Apenas se xirou un pouco para mirarme, sen demasiado interese.

—Rolán? —desta volta é a rapaza a que pregunta.

Nika.

Aínda me custa asimilar que sexa ela, pero canto máis me podo fixar na rapaza, máis convencido estou. Procedo a inclinarme ante a raíña, como corresponde, e falo:

—Maxestade, lamento os malentendidos que puidese haber, pero esta rapaza é unha convidada na miña casa e como tal, creo que somos a miña familia e mais eu os que nos debemos responsabilizar do acontecido.

Malia que a meu pai non lle vai facer nada de graza que poña un incidente coma este sobre os seus ombros, non me queda máis remedio que utilizar a súa influencia para que a raíña non tome medidas innecesarias.

—Conque así son as cousas —responde a raíña, cunha cella levantada, coma se de repente a conversa tivese algún tipo de interese para ela—. E que clase de relación tes con esta... soldado?

Arderán as cinzas |Galego ❤|Donde viven las historias. Descúbrelo ahora