Capítulo 1 ⸙

61 13 2
                                    

Só por esta vez

¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.

Só por esta vez.

Déixame oír a túa voz.

Quero oír a túa voz.

Ás veces aínda intento oír ecos que levo anos sen sentir no corazón, non sei se é o lume ou son as cinzas a quen busco. O certo é que eu só quería ir ó concerto do meu grupo de música favorito: A voz do amo. Por iso accedín a acompañar a Gus ata a capital; nos meus plans, por suposto, non entraba acabar encerrada nunha das celas do palacio. Pero como ía imaxinar eu que ese rapaz aparecería tan de repente e que as cousas se descontrolarían? O que máis me amola é que agora xa non poderei escoitar unha das miñas cancións favoritas sen que a súa imaxe se me veña á cabeza.

Gustaríame dicir que non vin nada, pero claramente sería mentira; a quen se lle ocorre andar en toalla de baño polo salón...

Sacudo a cabeza, nun van intento por afastar esas indesexables imaxes de min. Pero, como adoita acontecer, canto menos queres pensar en algo, máis o acabas pensando. Aínda que centrar a atención na situación na que me atopo non é mellor; esta cela paréceme demasiado pequena e estoume poñendo nerviosa.

Estimado Fénix, este sería o momento idóneo para que me socorreses.

Con todo, como en todas as leas nas que acabo metida, vou ter que ser eu a que me saque de aquí. Gus debe de estar preocupado por min, ou aínda peor, ó mellor séntese culpable de que me encarceraran. El é así e agora non estou ó seu lado para facelo entrar en razón e que non se angustie en exceso.

Tamén me debería preocupar a débeda económica coa que vou arrastrar a Gus e a Irma con todo isto. Sempre lles estou causando problemas. Prometinme que intentaría ter máis coidado, pero vese que foi inútil. Por agora, intento respirar fondo para que as estreitas paredes da cela non consigan angustiarme.

—Que, estaslle rezando ó Fénix para que te saque de aquí? —pregúntame o preso da cela de en fronte.

Non é o primeiro comentario que me fai e, aínda que me incomoda que un descoñecido me fale nunha situación na que xa estou dos nervios, procuro recuperar o control sobre min mesma e demostrarlle que unha cela non pode acabar comigo.

—Creo que o Fénix ten cousas máis importantes que facer que atender a uns pobres presos coma nós —respóndolle.

—Máis ben... —intervén unha voz feminina dunha das celas do lado—, di ti que o Fénix abandonou o Reino de Cinza en canto á nosa grandiosa raíña se lle ocorreu declararlle a guerra ó emperador.

O preso de enfronte abalánzase contra os barrotes con furia e consegue asustarme, incluso cando esa ira non vai dirixida a min.

—Atréveste a blasfemar contra a raíña na propia prisión de palacio? Quen te cres que es, eh? Eh, gardas! Escoitástela?

Pero os gardas non nos fan caso. Polo que puiden deducir cando me trouxeron aquí, nos últimos días están encerrando a cidadáns problemáticos para evitar calquera tipo de conflito ante a chegada dos príncipes de Auga e de Ouro. Se fósemos criminais perigosos levaríannos á prisión principal, que non está na capital. Pero só somos, eu incluída, uns pobres incautos que fixeron algún alboroto nun mal momento.

Arderán as cinzas |Galego ❤|Donde viven las historias. Descúbrelo ahora