Capítulo 7 ⸙

29 3 8
                                    

Seira chámame un par de veces

¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.

Seira chámame un par de veces.

—Rolán... —a súa voz soa suave cando pronuncia o meu nome, dubitativa.

Imaxínoa, temerosa e vulnerable desde a súa cama. Incluso ela se tivo que decatar de que superou un límite que non lle correspondía cruzar.

—Seira —dígolle, coa ollada aínda cravada na porta pola que os meus vellos amigos acaban de marchar—. Coñecémonos desde hai anos, a min podes tratarme como queiras. Pero a Gus e a Nika non os coñeces de nada. Nin eles te coñecen a ti. Non merecían ser tratados desa maneira.

O silencio envólvenos e ningún dos dous sabe como enchelo; as nosas melodías xa non soan en sintonía. Sacudo a cabeza e marcho eu tamén do dormitorio da princesa, sen mirala, sentíndome un pouco máis roto ca antes. Ela non me chama nin me intenta reter.

⸙⸙⸙

Nalgún momento, fíxose de noite e os meus pasos leváronme lonxe de palacio. A miña casa, a que se supón que é o meu fogar, álzase ante min con frialdade mentres o acontecido non deixa de darme voltas. Que sexa unha inmensa mansión cando eu me sinto tan pequeno non axuda a percibila máis acolledora. Cerro a porta da entrada ás miñas costas e apóiome nela; noto como me cae enriba todo o cansazo do día, mesturado co furacán de emocións que non parei de sentir. Non sei se rir ou chorar. Creo que necesito un sono reparador para espertar mañá con enerxías renovadas.

Así e todo, cando alzo a ollada e atopo a meu pai cos brazos cruzados ó outro lado do corredor, dubido que esta vaia ser unha noite tranquila.

—Non durmiches aquí —di, seco.

Non respondo, só collo aire, preparándome para a conversa que ningún dos dous quere ter.

—E esta mañá aínda tiveches o descaro de presentarte en palacio sen ningunha intención de ocupar o teu posto de traballo. A saber en que perdiches o tempo tamén pola tarde... —cala, pero ante o meu silencio engade—: Entendes sequera a responsabilidade que implica formar parte da garda real?!

—Unha responsabilidade que non pedín... —musito, coa ollada cravada no chan.

—Como dis?

Comprendo, demasiado tarde, que non serve de nada provocalo. Non me vai escoitar, non lle importa a miña opinión. Bástalle a súa mirada fría para disuadir a calquera de enfrontarse a el, incluso a min. Nin sequera me pregunta polo que aconteceu co maldito floreiro lendario. Supoño que para el é prioritario deixarme claro o fillo tan irresponsable que son.

Suspira, coma se el fose a vítima do meu desacertado comportamento.

—Que queres? Que todo o mundo empece a dicir que estás no posto no que estás porque eu te coloquei nel?

—E non é así? —contesto, sen saber moi ben que vou gañar opoñéndome a el.

—Tes moito potencial, Rolán. Aínda que pareces ser o único que non quere velo. Deberías sentirte honrado por poder servir o Reino de Cinza.

Arderán as cinzas |Galego ❤|Donde viven las historias. Descúbrelo ahora