Capítulo 12 ⸙

15 3 8
                                    

Seira camiña decidida polos corredores do palacio de Cinza e eu sígoa, aínda tratando de comprender o que está pasando

¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.

Seira camiña decidida polos corredores do palacio de Cinza e eu sígoa, aínda tratando de comprender o que está pasando.

—Estasme dicindo que queres que Nika se converta nunha das túas gardas persoais? —pregunto.

—Exactamente iso —responde ela, alegre, coma se fose o máis lóxico do mundo.

As persoas ante as que pasamos, gardas na súa maioría, pero tamén traballadores de palacio e convidados dos outros reinos, inclínanse ó ver a Seira e ela asente con educación e elegancia. A min, pola contra, non me dedica ningunha mirada.

—É que non o entendo —bísbolle, para que a nosa conversa non se converta no próximo chisme sobre o que murmurar.

Camiñamos un pouco máis ata que, por fin, Seira detense e mírame. Leva o cabelo recollido e decorado con esas floriñas brancas que tanto lle gustan. O vestido que loce hoxe é prateado, a xogo cos seus ollos grises e perspicaces que agora me observan cunha condescendencia que, para alguén que non a coñeza, podería pasar por amabilidade.

—Seguro que ti tamén te decataches, pero Nika é unha persoa... interesante.

—Interesante?

Creo que xa utilizou antes esa palabra para describir a Nika e non acabo de comprender por que lle dá tanta importancia.

—Si, a máis interesante que coñecín nos últimos anos.

—E ese é motivo suficiente para nomeala a túa garda persoal?

—Dime, Rolán, moléstache que me queira achegar a ela? —pregunta e deixa de lado o seu habitual ton de diversión.

Quedo calado un momento e contemplo a princesa de Cinza ante min. Pode molestarme que Seira teña algunha segunda intención no que respecta a Nika, pero non o feito de que se interese por ela ou que vaian pasar tempo xuntas. Sei que Seira e Nika poderían levarse ben e que, sexa o que sexa que estea tramando a princesa, non é para facerlle mal.

—Non é iso —respondo.

—Logo que é, Rolán? Querías que te avisase de primeira man? Ou que o consultase antes contigo? Ou...

—O palacio non é o mellor lugar no que se pode estar, ti sábelo ben. E aínda menos agora que tamén temos que lidar cos nobres doutros reinos.

A expresión de Seira cambia, coma se non esperase a miña resposta. Despois, suavízase.

—Así que non é por min que estás incómodo con esta situación, senón que estás preocupado por ela —di cun sorriso no que noto certa resignación.

—Supoño que si... —respondo, dubitativo.

—Ai, Rolán...

Seira suspira e acaríciame a meixela. Ponme nervioso que o faga en público porque despois é así como se espallan rumores indesexables, pero a Seira non parece importarlle. Á fin e ó cabo, ela é a princesa e por moitos murmurios que haxa ás súas costas, cunha soa palabra súa, incluso cunha das súas olladas, é capaz de acalar calquera leria que a moleste. Aínda que con xente doutros reinos aquí creo que non estaría de máis andar cun pouco de ollo.

Arderán as cinzas |Galego ❤|Donde viven las historias. Descúbrelo ahora