Sonrisa (galego)
__________________________________- Papá, papá!- unha nena corría cara ao seu pai.- Ven, ven, sígueme- dicíalle mentres lle agarraba a man, ou mellor dito, un dedo.
- Pequena, que me queres ensinar?- dicía o seu pai tentando que esta non caese ao correr. Non ía con demasiado coidado.
- Mira, mira- sinaláballe axitadamente un fermoso corazón feito con pedras e flores.
- Oh, que bonito! Fixéchelo ti?-
A nena soamente sorriu...
Ese instante marcou unha parte da miña vida. Nunca vira tanta pureza nun sorriso.
Eu só era un neno pequeno que se fixou nunha nena de pelo louro, avermellado, e albina, que correteaba por un parque, transmitindo alegría en cada paso; algo que eu non era capaz de comprender… algo que me sorprendeu.
Como podía emanar tanta felicidade mesmo desde a distancia?
Só sei que esa nena roubou o meu interese.
(Cara o presente).
«Síntoo, pero
non quero falar.
Necesito un momento antes de irme.
Non é nada persoal.Corro as cortinas.
Non necesitan ver o meu pranto,
porque mesmo se entenden…
Eles non entenden».- Ola?- dixen entrando á aula. Parecía non haber ninguén, pero aí estaba outra vez esa moza, escoitando a súa música.
- Ola- dixo rápido, quitándose os auriculares.
- Estás ben?- preguntei, fixándome nos seus ollos lixeiramente vermellos.
- Si, si- sorríume rapidamente, desviando a súa mirada.
- Seguro? Sempre pareces triste escoitando…- ía continuar, pero xusto nese momento empezou a entrar máis xente á aula e decidín deixar a conversación para outro momento.
Unha nena tan alegre, converteuse nunha moza que aparenta selo.
Como se pode chegar a iso?
(Case no presente).
Dous mozos están a falar animadamente, sentados nun parque, mentres unha brisa suave os acaricia, provocando un ambiente tranquilo.
- Sabes? Eu tamén me fixei en ti naquel parque. Eras o único neno que se embobaba mirándome, á fin e ao cabo- díxome ríndose.
Non puiden contestar… Pero, tras un intre de silencio, decidín falar.
- Por que perdiches o teu sorriso?- preguntei.
- O meu que…?- miroume confundida.
- De pequena tiñas un sorriso bonito, moi puro, a verdade-.
- Iso cres?- riu- Bo, supoño que todo se acaba perdendo-.
Puiden notar que o seu aspecto cambiou a un triste, decaído.
- Pero, por que?- insistín.
- Tanto che intereso?- miroume cun aspecto de burla- Si é así, direicho.
Fixo unha breve pausa.
- Perdín ao meu pai pouco despois dese día no parque, no que quedaches empanado mirándome. Supoño que o meu sorriso foise despois diso-.
- Síntoo, non o sabía…- interrumpiume.
- Non, non te preocupes. Pero, a que vén esa pregunta?-
- Era un sorriso tan puro, que cando vin que xa non a tiñas algo dentro de mín dixo que iso estaba mal. Un sorriso tan puro non debería perderse-.
(Xa no presente).
Un día de chuvia… unha habitación escura. Unha moza atópase sentada no chan, coas súas costas apoiadas na súa cama, feita un nobelo.
- Dixéchesme que non perdese o meu sorriso… prometíchesme que me axudarías a recuperala… prometíchesmo…- di entre saloucos- Como queres que o faga se tamén te perdín a tí?
Solloza.
- Como queres que o faga?- aférrase máis a si mesma.
- Idiota...- rumorea.
(…)
De novo, un día chuvioso, alguén se atopa sentado no banco dun parque. Parece tranquilo, acougado, en contra do tempo.
Xoga coas súas mans, cun sorriso na cara, mirando a paisaxe… Parece lembrar algo mentres suspira lixeiramente.
- Quizais tiñas razón… un sorriso tan puro non debería perderse-
(…)
- E. B.
ESTÁS LEYENDO
🌻; Historias Curtas
Short StoryBenvid@/ Bienvenid@ :) Aquí encontrarás historias curtas fantásticas, cotiás e dramas/ historias cortas fantásticas, cotidianas y dramas @EverythingBegin 🚫: No copias ni adaptaciones