💭;

21 3 0
                                    

Sueño (galego)
__________________________________

- Que acabo de soñar!?- alguén se levanta asustado

¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.

- Que acabo de soñar!?- alguén se levanta asustado.

- Tranquila Melody, tranquila, non pasa nada, é só un soño- dise a si mesma.

Dun momento a outro mírase no espello… sente… observada?...

Un aura de medo a rodea.

- Por que sinto que alguén me observa?- di cun deixe de suspiro.

- Non pode ser, seguro que son imaxinacións miñas, é o soño, seguro… Aínda que, que soñei?- queda  pensativa.

(Soño).

Unha estancia ampla, ao longo non se divisa nada máis cunha moza, de pelo louro, sentada, cun cabalete enfronte de ela… O resto está borroso, nin sequera se pode distinguir ben a súa silueta.

Está a pintar un cadro, unha paisaxe, o que ve a través de inmensas ventás.

Achégaselle alguén por detrás, non se ve con claridade quen é. Só se escoita: «hora de volver soñar».

(Fin do soño).

- É hora de volver soñar?- di estrañada- Creo que vin demasiadas películas. Nin sequera podería ser eu esa moza- dáse a volta, na cama, para volver durmir.

Persiste esa sensación… séguese sentindo observada, pero non o admite.

[Noutro lugar].

Un mozo móvese inquieto enfronte dunha porta.

- Teño que facelo, agora non me podo botar para atrás- di tentando convencerse- non fago nada malo, só a salvo dun sufrimento maior, non?-

Reflexiona uns momentos diante da porta... Ao final decide abrila, con sixilo.

Achégase e amodo aproxímase a unha moza que ocupa a estancia. Esta parece non inmutarse.

- Síntoo, é hora de volver soñar- dille mentres lle tapa a boca, pero antes de tal acción, párao.

- Non pidas perdón, non é coma se fose a primeira vez-.

[Máis alonxados no tempo].

Un ambiente tranquilo, as ondas de mar, que chocan contra as rocas, fano máis ameno.

Un señor, de terceira idade, atópase sentado na area, parece reflexionar sobre algo que o mantivo inquieto durante moito tempo.

- Nunca souben con certeza a que te referías… Como que non era a primeira vez?-

(…)

- Pasou tanto tempo… e só agora o sei. Foi produto dun simple soño…-

[…]


-E. B.

🌻; Historias CurtasDonde viven las historias. Descúbrelo ahora