☄️;

11 1 0
                                    

Sky (galego)
__________________________________

Sky (galego)__________________________________

¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.

- Sempre me gustou admirar o ceo. Cambia coas estacións, coa hora do día en que nos atopemos, o país no que esteamos, coa temperatura que haxa... Pero… sabes?, aínda así é o mesmo. Segue sendo el, tendo a súa esencia, a pesar de todo. E, por iso, paréceme que é o máis fermoso deste mundo.
Concorda con cada lugar ao que vas, fúndese co ambiente. Mírao agora, tan sereno, cunha leve brisa acompañando a súa tranquilidade. Do mesmo xeito que o campo, coa herba seguindo o seu compás.
Parece que non lle importa o que hai ao seu arredor, que simplemente se mantén no seu sitio, pero do mesmo xeito que o miramos, el míranos a nós. Regálanos a súa beleza, a cambio de que nós a admiremos e non tentemos destruíla. A cambio de que nos mostremos a el igual que el se mostra a nós- dicía alguén, con voz pausada, monótona; aínda así notábase un deixe de emoción nela.

Xunto a esa persoa, sentada no verde pasto, había unha nena ao seu lado, tombada. Parecía quedarse durmida, acompañando así, como o ceo, ao ambiente.

- Sempre che acabo durmindo- dicíalle, mentres que lle acariñaba con delicadeza o cabelo- espero que sempre vexas así este ceo e que nunca se torne escuro, en verdade o espero.

(10 anos despois).

Unha habitación grande, en penumbra, aínda que a escuridade parece querer predominar. Non se chega a apreciar nada nela.
Unha leve luz cóase pola xanela, comeza a amencer. Agora pódese ver mellor dita habitación, unha cama grande, unhas mesas de noite aos seus lados, un sofá, un escritorio, unha cómoda... E así se podería seguir enumerando o típico que hai nunha habitación dese tamaño, se é que hai algo típico.
Un ruído retumba no lugar.

- Mmmm, por que ten que facer este sol a estas horas?- queixábase unha persoa na cama- Encima  caéuseme o vaso de auga por torpe, uff- seguía queixándose.

De lonxe escoitábanse pasos apresurados. Ao momento tocaron a porta repetidas veces.

- Señora, está ben?- dicían desde fóra da estancia.

- Si- afirmou irritada- díxenlle que non me chamase señora.

- Síntoo, é o costume- contestou mentres abría levemente a porta- lembre que hoxe ten adestramento, ao their non lle gusta esperar.

- Seino, é un pesado- dixo aínda máis molesta.

- Por favor, non lle diga iso, poderíalle traer problemas- suplicoulle a outra persoa.

- Tranquilo, non lle direi nada. Preparareime canto antes para ir- estirouse perezosamente- Aínda que non prometo chegar á hora- rumoreou para si.

(Unhas horas despois).

Víase ao ceo relaxado, como aquela vez. Na porta dunha casa estaba un home, duns 20 anos esperando, parecía bastante malhumorado. Alguén se achegou por detrás e lle tocou coidadosamente o ombreiro.

- En bo tempo chegas- dixo o mozo.

- Se só tardei 5 minutos máis da hora acordada- a mesma moza de antes posicionábase ao carón del- sabes que ata aquí tardo en chegar, fago o que podo.

- Si, será iso- contestou sen importancia e comezou a camiñar.

- Oe, espérame- queixouse a rapaza.

(…)

Ao pouco intre chegaron a un campo de adestramento e alí pasaron as horas.
Os dous combateron entre si, tentando de calquera xeito que o outro se rendese. O mozo usaba dúas espadas con gran soltura, mentres a moza prefería unhas dagas e os seus propios puños.
Seguiron loitando ata que a moza parou de maneira brusca e mirou cara arriba... Todo se estaba volvendo escuro, a luz estaba a desaparecer, o ceo…

- O ceo… está a caerse!- gritou esta asustada, antes de que o mozo lle preguntase que lle pasaba. Este inmediatamente mirou cara arriba e viu como pedazos de ceo se ían caendo e desaparecendo ao instante. Era algo magnífico, pero á vez aterrador e preocupante.

De súpeto unha escuridade envolveu aos dous mozos, sen deixarlles máis opción que desaparecer, ante os ollos de todos. No lugar non quedou rastro deles, só os berros daqueles que os viron  esfumarse.

Simplemente desapareceron, sen que ninguén puidese facer nada, co ceo, agora negro, gardando o seu secreto. Mais unhas palabras quedaron no aire: "Despois da calma vén a tempestade, o ciclo repítese".

- E.B.

🌻; Historias CurtasDonde viven las historias. Descúbrelo ahora