🌬️;

53 4 2
                                    

Breathe (galego)
__________________________________

- Dáme igual, non pedín a túa opinión!- alguén grita, mentras pecha unha porta con forza

¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.

- Dáme igual, non pedín a túa opinión!- alguén grita, mentras pecha unha porta con forza.

Detense, e mira pola fiestra.

Chuvia, nubes que sumen o día en escuridade, unha brisa fría, que non chega a conxelar… Parece que o tempo acompaña á súa situación.

Comeza a andar, non sen antes poñerse os seus auriculares para, dalgún modo, evadirse do mundo.

Breathe, de Sabrina Carpenter, empeza a soar.

…«Creo que estou a alcanzar o meu límite.
Podo exhalar un minuto?
Podo sacar isto á luz?
Podo sentarme un segundo?
Podo respirar?»

Identifícase tanto con esta canción, que non se preocupa de onde vai, se alguén a segue, se mirou ao cruz…

Pum!

- Laura!- gritan ao lonxe.

O asubío dun coche retumba no ambiente, por un momento ninguén é capaz de dicir nada, de facer nada.

Xace no chan unha moza de curta idade, cun dos seus auriculares posto e o outro caído, que case non é visible, debido ao sangue que o cobre, cada vez máis abundante.

A música segue soando.

«Intento ser un anxo, pero non creo que poida.
Creo que estou a alcanzar os meus límites…».

Córtase e de súpeto todo cobra vida, soan sireas, saloucos, berros, reclamos… Reina o caos.

(…)

- Laura, Laura! Abre os ollos, por favor!- chora alguén, mentres lle agarra a man debilmente- Non quixen dicirche todas esas cousas ferintes, só estaba enfadado… só quería que me deixarás axudarche, por  fa…- É interrompido por un dos médicos.

-Necesitamos levala xa, senón non sobrevivirá, por favor, aparte-.

(…)

Un mozo está parado diante dunha porta. Move as mans  frenéticamente, dubidando se entrar ou non. Mesmo, parece que fala consigo mesmo.

Respira.

A súa presenza cambia, agora nótaselle decidido. Abre a porta.

(…)

Unha moza está prostrada á cama dun hospital, pálida. A  viveza abandonouna. Parece que non vai recuperarse, pero…

Respira.

Mentres un mozo ao seu lado lle fala, esperando que, en verdade, o estea escoitando.

- Non quixen poñer o mundo ás túas costas, non quixen que tiveses que escoitarnos a todos opinar sobre cousas que non nos preguntaches, non quixen que alcanzases o teu límite… Só quería axudarche, pero non che deixe facer o único que necesitabas… Respirar… E agora é o único que fas, parece irónico… -

Respira.

- E agora eu non podo parar de facelo…-

Respira.

- Só quero que espertes, só quero que falemos… só quero que non te vaias…-

(…)

«Podo respirar?

Na  na  na,  na  na  na,  nay.
Na  na  na,  na  na  na,  nay.
Na  na  na,  na  na  na,  nay.
Na  na  na…».

- E.B.

🌻; Historias CurtasDonde viven las historias. Descúbrelo ahora