Inspiración (galego)
__________________________________Unha habitación pequena iluminada, grazas á xanela que deixa entrar unha espléndida luz outonal. Unha moza sentada na cadeira do seu escritorio, parece frustrada. Miles de papais engurrados rodéana, dispostos de forma desordenada.
- Ah, non sei que facer, por que non me vén a inspiración?- quéixase, mentres tira outro papel.
Pousa a súa cabeza nas súas mans, tenta relaxarse. Pecha os ollos por uns segundos, acougando a súa respiración.
- Se non me vén, irei en busca dela- di mentres se levanta da mesa.
Recolle rapidamente os papeis e colócaos encima da mesa. Alísaos como pode e sácalles unha foto.
- Ben, a pouca inspiración que tiven, gardada-
Ponse a súa chaqueta, calzase, e procura coller as chaves antes de nada máis.
- Quizais podería ir camiñar con música- reflexionada para si mesma.
Colle os cascos e deixa soar *Ready or Not*, de Bridgit Mendler.
(…)
Camiña de forma pausada, deixando que a suave brisa lle acaricie a pel e lle remova o pelo. Non ten un rumbo fixo.
Escoita un lixeiro zumbido, sobre a música, e decide pararse, para pescudar de onde provén.
Atópase nun fermoso parque, cheo de árbores e follas caídas, unha vista típica de outono.
Fíxase no seu río, causante dese pequeno zumbido.Na distancia pode ver uns nenos xogando alegremente, decide sentar nun banco preto deles.
Obsérvaos cunha expresión relaxada. Do peto pequeno da súa chaqueta saca un caderno, disposta a debuxalos, pero xusto cando a abre, levántase un forte vento que azouta as súas follas. Non é capaz de agarrar todas as páxinas a tempo, antes de que unha caia ao húmido chan.
- O que me faltaba- rumorea polo baixo, con molestia.
- Eu creo que lle dá un toque especial ao debuxo-
Levanta a mirada e atópase cun mozo moreno, de expresión relaxada, que lle sorrí e o recolle.
- Só terás que secalo, para que non se estrague máis- recoméndalle, mentres garda o debuxo nunha bolsita de plástico- así debería aguantar ata que poidas facelo.
- Grazas- di con indiferenza, un debuxo máis un menos, agora mesmo non supoñía moito para ela.
- Vexo que tes falta de inspiración- comenta ríndose.
- Eh? Nótaseme?- inquire intrigada.
- Seica desprezarías un debuxo noutro caso?-
Queda calada, por que lle fai este tipo de preguntas alguén que non coñece?
- Ía contigo a clases de pintura, se é que che parece raro que che fale con confianza- dille burlesco. Senta ao seu lado.
Mírao por uns momentos.
- Ian?-
- O mesmo- contéstalle.
Falan un intre animadamente, lembrado o pasado e, sobre todo, ditas clases.
- Recordo todas as veces que me dicías: a cuestión é empezar, poñerse puntos, facerse preguntas, e non frustrarse. Xa che virá a inspiración. E se non, coller todo o que se che ocorre e mesturalo ata que algo teño coherencia- pausa por un instante, e mira á moza directamente.- É un consello que utilicei bastante. Viríache ben aplicalo de vez en cando-.
(…)
Continúan ca súa cháchara. Pasan as horas ata que se comeza a facer tarde, e deciden acabar a conversación por hoxe.
(…)
Xa na súa casa, disponse a colocarse outra vez no escritorio. Esta vez con algo en mente.
Coloca a chaqueta, descálzase, e colle todo o material necesario.
Debuxa freneticamente ata que realiza un bosquexo aceptable. Pódese distinguir a un mozo sentado nun banco, lendo un libro.
- Ao final atopei a inspiración- dise a si mesma- ou outra cousa- rumorea.
- E.B.
ESTÁS LEYENDO
🌻; Historias Curtas
Короткий рассказBenvid@/ Bienvenid@ :) Aquí encontrarás historias curtas fantásticas, cotiás e dramas/ historias cortas fantásticas, cotidianas y dramas @EverythingBegin 🚫: No copias ni adaptaciones