🌉;

8 1 0
                                    

A ponte (galego)
__________________________________

Un bosque en penumbra, apenas a luz é capaz de atravesar as follas das árbores

¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.

Un bosque en penumbra, apenas a luz é capaz de atravesar as follas das árbores.

Ao lonxe unha muller, a paso apresurado, entra nel. A súa respiración axitada é o único que enche o inmenso silencio.

Escapa de algo, pero de que? Ninguén máis que ela perturba o lugar. Nin sequera se pode oír a ningún animal.

Segue correndo, sen deterse, ata que chega a unha ponte iluminada, que permite cruzar un fermoso río. Parece irreal, mesmo belas flores azuis a decoran.

A luz da ponte convídalle a cruzalo, acompañada esta dunha brisa que chega ata a entrada, non sen antes removerlle o cabelo e desprender das árbores follas negras como a noite.

Vese que a muller dubida se debe cruzar ou non, a súa mirada diríxese cara atrás, algo a volve asustar e decide non deterse por máis tempo.

Párase antes de cruzalo, respira fondo e dá o primeiro paso, desaparecendo no acto.

Un forte vento comeza a azoutar a zona, miles de follas negras, máis escuras que as anteriores, dispérsanse polo lugar.

Un rumoreo e unha arrepiante risa quedan no aire: "ao final cruzou".

- E.B.

🌻; Historias CurtasDonde viven las historias. Descúbrelo ahora