🍃;

14 2 0
                                    

Silencio (galego)
__________________________________

Silencio (galego)__________________________________

¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.

Silencio.

Simplemente silencio.

Só interrompido por ruídos lonxanos; o camiñar, o cerrar portas, o abrir ventás… Típico rumor urbano.

Pero máis alá, está o murmurio do silencio.

Podes escoitalo?

Eses puntos que chegan aos teus oídos, eses silbidos rumoreados.

Non os escoitas?

Concéntrate.

É algo que sempre nos acompaña, sempre está aí. Non nos abandona, sobre todo cando queremos reflexionar con nós mesmos.

Ese rumor sabe o que nos pasa, sabe o que calamos, o que non dicimos...

Sábeo... porque llo contamos.

Cada vez que falamos con nós mesmos, escoita paseniño, deixando que nos desafoguemos, que lle digamos o que nos preocupa, o que nos mantén turbados.

Non nos xulga, non nos crítica, non nos fala… Só escoita.

E, ás veces, é o único que necesitamos, que nos escoiten.

E el faino, sen rechistar, sen mirar… Só nos toca.

Por iso nos acompaña sempre, para que nos liberemos, cando queiramos, cando poidamos, cando non haxa ninguén máis.

Ademais, incítanos a falar, a darnos a nosa opinión, a que non nos importe se podemos dicir o que pensamos ou non.

Este axúdanos máis do que cremos, xa que nos axuda a coñecernos, a soltar a carga que levamos encima, a reflexionar, a escoitarnos, a darnos máis importante a nós e menos ás cousas ferintes que nos din.

Pero nin siquera nos damos conta de que existe.

El non se queixa, non pode, pero tampouco é que queira queixarse.

A súa función é estar aí, sempre, sobre todo cando o necesitemos.

Iso é algo que buscamos moito nas persoas, pero que nos custa moito, demasiado, atopar.

A razón témola nel.

O rumor do silencio ensínanos, que para que nos escoiten, primero temos que escoitarnos a nós mesmos, dar importancia a nosa opinión, non só á dos demais.

E, ademais, dános exemplo do que temos que facer cando alguén fala: gardar silencio. Non temos que mirar á persoa con desprezo, nin desaprobación, nin angustia, nin nada… só escoitala, estar aí sempre que nos necesite.

Se queremos atopar "algo", primeiro temos que ser nós ese "algo". E se non o encontramos, sempre teremos o murmurio do silencio ao noso carón.

- E.B.

🌻; Historias CurtasDonde viven las historias. Descúbrelo ahora