Benvid@/ Bienvenid@ :)
Aquí encontrarás historias curtas fantásticas, cotiás e dramas/ historias cortas fantásticas, cotidianas y dramas
@EverythingBegin
🚫: No copias ni adaptaciones
Word Or World (galego) __________________________________
¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.
Os teus ollos, chamas fumarentas, que me queiman se me miran. As túas mans, ai as túas mans!, que me privan de tan ansiada liberdade. A túa boca, negra como a escura noite, que me dana con tan arduas palabras. Oxalá! Oxalá non existiras. Mais coma ti, hai centos! Centos de persoas atafegadas, que máis ben parecen máquinas sen rumbo. Centos de anciáns engurrados, que perderon a esperanza nas novas xeracións. Centos de adultos resentidos, que critican máis que falan. Centos de nenos turbados, que sempre observan os mesmos espellos luminosos. Ai, que será de min! Que será de min. Neste mundo inexorable, incomprensible, que nos ata sen dilación. Nesta cidade contaminada, poluta, que nos abrasa os pulmóns. Nesta sociedade sen temón, perdida, á que nos aferramos sen comprensión. Neste agoirento: ti e eu. Que será de mín, de tí, de nós! Que será do mundo, da vida? E... da palabra?