🌆;

22 3 2
                                    

Luscofusco (galego)
__________________________________

- Mmmm- móvome lixeiramente, mentres abro aos poucos os ollos e me frego suavemente a cabeza- Que dor!-

¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.

- Mmmm- móvome lixeiramente, mentres abro aos poucos os ollos e me frego suavemente a cabeza- Que dor!-.

A miña vista está borrosa, non son capaz de enfocala, pero podo dislumbrar que estou no exterior. Aos poucos vou recuperándoa e podo mirar ao meu redor... estou nunha pradería. Ademais observo que ao lonxe hai unha casa enorme, que parece abandonada.

- Non recordo como cheguei aquí- rumoreo.

- A cuestión é que non lembres nada- escoitou detrás de min.

Nin sequera teño tempo a reaccionar, só caio nun profundo soño.

(Dentro da casa, anteriormente mencionada).

- Outra vez escapóuseche 123?- gritan.

- É que non sabes facer o teu traballo?- volven gritar.

- Perdón madame, perdón, non se como se puido escapar- di alguén apresuradamente- ademais sempre a encontro desmaiada, algo máis lle debe pasar.

- Non me veñas con estupideces, fai o teu traballo- unha voz firme termina a conversa.

(Nunha habitación desa mesma casa).

Abro amodo os ollos, sinto un cansazo enorme encima.

- Vexo que xa espertaches- fálame unha voz doce.

Xiro a miña cabeza cara á súa dirección e podo ver unha fermosa anciá, sentada nunha cadeira ao carón da cama, onde me atopo tumbada.

Tento levantarme, mais ela mo impide.

- Non te levantes, aínda debes sentirte abouxada- dime amablemente. Mais algo dentro de min me advirte que non é de fiar...

- Como cheguei aquí?- pregunto.

- Non te acordas? Estás nunha escola de verán. Os teus propios pais deixáronche aquí, como a todas as demais. Son a encargada da seguridade de todas as rapazas, incluída ti- explícame amablemente, cun sorriso... Sinto que o meu corazón se axita e dun momento a outro a cara da anciá transfórmase, a súa boca faise enorme, o seu rostro aplánase, as súas orellas vólvense puntiagudas... Non podo evitar gritar do medo que me xera, pero xusto cando berro desaparece e só vexo á anciá.

- Estás ben?- pregúntame con aspecto asustado.

- Si, si, só lembrei un mal soño- minto.

- Oh, non te preocupes, xa pasou- dime dulcemente- deixareite durmir un intre máis.

Abandona a estancia, e volve a min ese cansazo, que me fai durmir ao instante.

(Noutra parte da casa).

- Parece que pode ver os nosos verdadeiros rostros- menciona alguén- Pero como?-

- Deben estar á manipulala para que poida recoñecernos, iso seguro- comenta outra persoa.

- Pero quen? Ou que?- inquire- Debe estar ligada ao outro mundo, senón non podería.

- E se alguén doutro mundo actúa como o seu coidador?- pregunta outra- Algo de aquí a dibo por en contacto co outro mundo, á fin e ao cabo nós vimos de alí.

(De novo na habitación anterior).

- Lisey, Lisey- sinto que unha voz afastada me chama- tes que escapar de aí como sexa, sei que está vez o lograrás- segue falando- Lisey, Lisey, esperta.

Abro os ollos amodo, como tendo medo de que alguén se de conta de que espertei.

- Lisey, Lisey, tes que escapar agora, veña, Lisey, Lisey- insiste a voz.

Miro ao meu redor, por sorte non hai ninguén na habitación, ou iso cría, ata que vexo a fiestra. Hai unha cara impresa nela, que me fita. Quedo en shock, pero antes de que grite dime...

- Non grites- sinto que é a voz anterior- agora non é momento de explicarche quen son, tes que escapar, esta vez tes que logralo.

O meu corpo empézase a mover, aínda que eu sigo mentalmente atónita e asustada.

Comezo a correr, como nunca o fixen. Non hai ninguén, algo que me facilita chegar á porta da casa, na que me atopo.

- Lisey, Lisey, sal e segue correndo- dime de novo a voz.

Abro a porta sen dilación.

- Cáusasnos demasiados problemas rapariga- sinto que din detrás de min.

Eu simplemente empezo a correr de novo, mentres me seguen.

- Non chegarás lonxe, nunca o fas- dime a persoa a uns metros de min, dunha forma burlona.

- Faralo, Lisey, faralo- volve dicir a voz anterior.

- Non o farás, non- ri burlonamente a persoa que me segue.

Escoito un «crack», e caio ao chan, golpeándome a cabeza... O último que vexo é a pradería que me levo a esta situación.

(...)

- E. B.

*Luscofusco:

1. Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras.

2. Momento do día, entre a noite e o día, en que a primeira claridade permite distinguir as cousas coma sombras.

🌻; Historias CurtasDonde viven las historias. Descúbrelo ahora