Que, bicar, eu te biquei;
ti, saber, sabelo ben.
Que, querer, a ti te quero
eu xamais o negarei.Miña queridiña,
te quero e quixera
botar eu contigo
esta noite enteira.
Esta noite enteira, esta noite enteira,
miña queridiña, te quero e quixera.Miña queridiña,
non é nada raro
que pases as noites
co teu namorado.
Con teu namorado, co teu namorado,
miña queridiña, non é nada raro.Miña queridiña,
ninguén xa se espanta
cando me das bicos
arreo e con ansia.
Arreo e con ansia, arreo e con ansia,
miña queridiña, ninguén xa se espanta.Miña queridiña,
ti dame máis bicos
que amándote tanto
Xa me ganei iso.
Xa me ganei iso, xa me ganei iso,
mina queridiña, ti dame máis bicos.Que, bicar, eu te biquei;
ti, saber, sabelo ben.
Que, querer, a ti te quero
eu xamais o negarei.Nota aclaratoria: éste es el poema original del que el anterior es versión adaptada al castellano.